É moi sinxela de utilizar, moi resultona e motivadora, ao meu alumnado gustoulle moito.
Resúmovos a actividade:
-Contextualización: Aula de música - sesión para o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia
-Traballo previo: investigar a palabra paz noutros idiomas distintos ao galego e castelán e traer unha pequena lista para o próximo día de clase.
-Traballo no día:
1. Escribimos no EDI, nunha páxina do Notebook un listado das palabras atopadas, lemos as palabras e intentamos adiviñar o idioma correspondente, as persoas investigadoras resolven acertos ou erros.
2. Cada quen escolle unha das palabras e decide cómo manifestala: coa voz, co corpo, co xesto, en parella, con percusión corporal,...
3. Á voz de tres facemos individualmente esa representación mentres gravamos (jijiji, eles e elas aínda non saben nada...)
4. Vemos o resultado na pantalla grande.
5. Avaliamos o resultado en grupo.
-Traballo para a próxima sesión: realizar un artigo para acompañar o vídeo no noso blogue de aula.
Un dos clips:
Podes ver máis no blogue Música no cole , na etiqueta Día da Paz. ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario