COUSAS QUE SE DIN DOS ANTROPÓLOGOS
- Os antropólogos desenterran ósos
- Os antropólogos miden cráneos
- Os antropólogos vanse a estudar pobos estranos
- Os antropólogos son románticos, soñadores e idealistas: pero non serven para nada.
COUSAS QUE NON SE SABEN DOS ANTROPÓLOGOS
- Os antropólogos do desenvolvemento conseguiron cambiar os plans por un desenvolvemento sostido.
- Os antropólogos urbáns son responsables de reordeamentos como os da Barcelona Olímpica ou dos realoxos de Palomeras en Madrid.
- Os antropologos aplicados crearon políticas públicas para absorber a inmigración e combater o racismo.
- Os antropólogos industriais levan desenvolvendo recursos humanos nas empresas dende os anos trinta.
- Os antropólogos culturais lograron que moitas culturas atoparan o seu lugar na globalización sen ser destruidas.
- Os antropólogos de xénero foron fundamentais para poñer en práctica políticas de prevención de violencia de género en comunidades locas.
- Os antropólogos de empresa son clave para entender as relacións dentro das empresas e o comportamento dos mercados e consumidores fóra delas.
- Os antropólogos especialistas de redes sociais definiron o impacto dos atentados do 11 de setembro na poboación de Nova York
- Os antropólogos culturais especializados en etnicidade e nacionalismo son básicos para definir as políticas de cohesión no proceso de formación da Unión Europea.
- Os antropólogos forenses, en numerosos lugares de América do Sur, foron a única alternativa para atopar a víctimas, devolver o nome aos falecidos e darlle tranquilidade ás familias.
- Os antropólogos da saúde estudan a experiencia de saúde/enfermidade nas distintas sociedades e grupos do planeta, relacionando as comunicacións dos afectados cos seus marcos culturais e tradicionais. Así, aplican a antropoloxía aportando axudas para solucionar os problemas ou intervindo.
- A través da investigación antropológica, os epidemiólogos encontraron as vías de transmisión do SIDA.
Grazas a Isabel Cepeda (futura antropóloga) por compartir esta info no foro
Recollido en:
http://www.aibr.org/antropologia/aibr/hacen1.php
No enlace está en castelán ;)
Imaxe parcial do Castelo de Castro Caldelas
No hay comentarios:
Publicar un comentario