1 de febrero de 2015

Introdución na A. Cooperativa

Esto xa era unha cousa que levaba tempo querendo facer e, por fin, chegou a oportunidade.

Na rede de formación de Galicia temos a sorte de contar coa Universidade de Vic e co equipo docente especializado no tema da Aprendizaxe Cooperativa.
Neste curso teño a sorte, o privilexio e o pracer de formar parte do equipo de asesoras que están directamente relacionadas nesta formación.

Asisto ás docencias, observo cómo forman e transmiten información as miñas compañeiras e despois intento simular a mesma situación nos meus centros de referencia.

Entre as miñas reflexións cabe destacar que me atopaba sen exemplos vividos, é dicir, non podo buscar no meu imaxinario situacións que non se me deron e poñelas como exemplo. Ben é certo que pouco a pouco si que me dou conta de que os vou tendo, pois eu mesma vou poñendo en práctica algunha das dinámicas do ámbito A e incluso estructuras do ámbito B máis básicas nos meus grupos de referencia. Esto ofréceme a posibilidade, a oportunidade, de observar de primeira man o que acontece no contexto educativo dende a perspectiva adulta pero que non dista moito da dos discentes menores.

Esta presentación forma parte do guión que estructurei para non esquecerme de nada do que consideraba máis importante do que debía compartir cos meus grupos.



Agora sei a diferencia entre equipo e grupo, entre dinámica e estructura, entre colaboración e cooperación.
Fascinante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario