20 de octubre de 2013

Aplicacións de Música

Comparto este recopilatorio de aplicacións para traballar distintos contidos musicais.


6 de octubre de 2013

I Encontro de Educación Matemática



A semana pasada tiven o pracer de participar no I Encontro de Educación Matemática para Infantil e Primaria celebrado en Santiago de Compostela e organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA)

Felicitamos á asociación porque o encontro foi todo un éxito tanto a nivel de convocatoria (máis de 250 persoas asistiron) como de resultados e cumprimento de expectativas.

Susana e mais eu impartimos un Obradoiro de Matemáticas para Dispositivos Móbiles que chamamos Matemáppticas.
Toda a información que utilizamos está neste blogue.


AGAPEMA tamén comparte todo o material recibido polos congresistas neste enlace.